14/12/09

Fórmulas de sorteo

Estas son as fórmulas de sorteo que usamos nos nosos xogos e cando queremos ver que apanda. Quen sabe máis?

Lendas de Malpica

Contan que en Malpica.........

13/12/09

Érase un día, unha poesía...

Ao longo deste primeiro trimestre os falcatrueiros de A andivemos a curiosear no mundo da poesía. Descubrimos o divertido que é recitar e interpretar. Practicamos as rimas con pareados e con estrofas de 4 versos. Non foi doado pero ao final algúns de nós, enviamos o noso traballo ao
CONCURSO DE POESÍA 2009 PARA JÓVENES ESCRITORES
Aquí tedes os poemas cos que participamos. Esperamos que disfrutedes ca lectura.

07/12/09

Por fin!

Por fin cargaron os debuxos que faltaban dos piollos! Agora non nos podemos esquecer de votar todos os días pinchando aquí.

05/12/09

Obradoiros sobre o traballo decente

Os días 3 e 4 de Decembro os/as alumnos/as de Malpica participaron nuns obradoiros de "Traballo Decente" e "Consumo Responsable". Os falcatrueiros fixemos unha Xinkana e mais aprendemos a mercar.

O primeiro obradoiro chamábase CANTAS COUSAS PODO MERCAR? Aquí cada un de nós tiña unha ficha onde estaban debuxados distintos produtos de consumo do día a día, uns que cubren necesidades básicas e outros non tan básicas. Noutra ficha tiñamos dous carriños, unha para facer a compra para a nosa familia e outro para facer a compra para unha familia dun país non desenvolvido.
Como nos paises do sur económico perciben 5 veces menos salario, no carriño desta familia só podemos meter un produto e no da nosa familia 5. Entón puxémonos man a obra. Coloreamos o que queriamos mercar, recortamos e marcarmos no carro da nosa familia os produtos básicos. Deste xeito reflexionamos sobre dous asuntos: por un lado, que noutros países, cos salarios que teñen, só poden cubrir as necesidades básicas. Por outro, analizamos se a nosa compra foi axeitada, se cubrimos as necesidades básicas ou pola contra, só mercamos "caprichos" e quedamos sen o importante.

Na XINKANA cada grupo tiña que superar unhas probas lúdicas e divertidas relacionadas co traballo decente. Cada unha simbolizaba unha característica que ten que ter un traballo digno. Neste xogo de simulación uns grupos tiñan todas as facilidades para realizar a proba e outros moitas dificultades, cambiando logo as tornas.
Por cada proba superada, o grupo conseguía unha peza do quebracabezas.

Aquí tedes as fotos da nosa experiencia

04/12/09

A constitución




Este fin de semana temos uns días de festa. Imos celebrar o nacemento da Constitución que garantiza os nosos dereitos e marca os nosos deberes. Tamén celebraremos o día da Inmaculada.

Aquí temos algúns xogos e recursos para coñecer de xeito divertido a nosa Constitución.





21/11/09

Cadrados máxicos

Sabedes o que son os cadrados máxicos? Son moi divertidos e unha forma amena de xogar cas Matemáticas.


- Se queres practicar e aprender cos cadrados máxicos preme aquí.
- Cadrados máxicos con Jclic
- Nesta páxina podedes descargar un xerador de cadrados máxicos.
- Máis propostas e actividades interactivas

Día internacional dos dereitos dos nenos

O día 20 de Novembro de 1959 as Nacións Unidas proclamaron a DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO MENIÑO E DA MENIÑA.

O mesmo día, 30 anos despois, celebrouse a Convención sobre os dereitos dos nenos.

Para conmemorar tal día, nesta data, celébrase en todo o mundo O Dia Internacional dos dereitos do neno ou Día Mundial da Infancia.

Onte, os falcatrueiros de 3ºA coñecemos un pouquiño máis os nosos dereitos, dereitos que tantos e tantos nenos non están a disfrutar.

Neste mural intentamos plasmar en imaxes o froito da nosas reflexións.



O Luns continuaremos reflexionando sobre a necesidade de loitar porque todos os nenos e nenas deste mundo poidan vivir nunhas condicións dignas, en paz e liberdade.
Para os que vos interese traballar estos contidos
aquí
tedes varios materiais. interesantes.

Cidade de convivencia e igualdade




Con motivo do "Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres", o 21 de novembro, a Concellería de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña organiza os obradoiros "Cidade de convivencia: deseña e constrúe a túa cidade", dirixidos a nenos e nenas con idades entre os 5 e 12 anos.

Anímovos a todos a acercárvos cos vosos rapaces.

17/11/09

Xogos de lingua

Pinchando aquí atoparemos varios xogos para repasar moitos dos contidos de lingua que estamos a dar este ano.

12/11/09

O mural da comunicacion.

Ola son Uxia unha nena do blog falcatrueiros a de 3ºA.

Nos fixemos un mural da comunicacion.

Verbal oral e escrita.Tamén da non verbal.

Tedes que velo.

Un saudo.


11/11/09

Concurso de debuxos sobre os piollos

Lembramos ás nosas familias, amizades e a todo aquel que queira colaborar que os terceiros estamos a participar nun concurso de debuxo sobre a prevención dos piollos chamado "PIOJOS NI EN PINTURA". Debido a problemas ca páxina faltan algún dos nosos debuxos por colgar. Estade atentos que nos dixeron que enseguida o arranxarían. Podedes votar os nosos debuxos unha vez ao día pinchando aquí. Sorte a todos.

05/11/09


Ola chamome Xian, son moi baixo, teño 8 anos. Gustame o baloncesto e debuxar e teño unha vida virtual en HABBO e son de terceiro b.

Ola¡ son Xela teño sete anos,vivo en Malpica. Gustame moito xogar cos meus amigos ,

a miña comida favorita e o churrasco. E tamen me guta moito andar en bicicleta,

chao.








Ola!Chamome Ergin, e teño 8 anos, vivo en Malpica e gustamme moito as motos de trial e un pouco o baloncesto. A miña comida preferida son as espinacas. Ah! E tamen gustame a natacion e xogar aos ordenadores.

31/10/09

Manu


Mari



Ola! Son Mari, a titora de 3º A. Este é o noso blog. Estámonos presentando para que nos coñezades e vos animedes a seguir connosco todo o curso xa que vos iremos contando moitas cousas interesantes.
Un saúdo.

30/10/09

ZAIRA


Ola! Chamome Zaira

NURIA


Ola! Chamome Nuria Añon Rua. Teño 8 anos. E vivo en Barizo.

Martin



Ola! Chamome Martin. Teño o pelo rubio· E son moi gamberro ·

Uxia Casal Andrade



Ola! Son unha nena do blog.
Chamome UXIA Casal Andrade.Teño 8 anos.Vivo en MALPICA de BERGANTIÑOS.
Son un pouco baixiña.Teño o pelo un pouco curto e moreno.

Diego Garcia



Ola! Que tal?Eu ben.Son un neno do blog.Chamome Diego Garcia Hombre. Teño oito anos.Vivo en Malpica. E un pobo moi bonito.Teño o pelo loiro.Teño chandal e levo tenis.Son algo bo.Non son malo.

Dani



Ola! Son Daniel Fenandez Vila.Teño nove anos.Vivo en Cerqueda.E un pobo moi bonito.Teño o pelo louro.Son moreno.Son alegre.Gustame xogar ao futbol.Animadevos a ler o blog

29/10/09

noelia pardo perez



Ola! Son NOELIA PARDO PEREZ.Teño 8 anos,vivo en MALPICA DE BEGARTIÑOS.E un pobo moi bonito.Aaaaaaaa!Olvidome do mais importante: a MALPICA chamanlle a costa da morte porque naufragaron moitos barcos. Son morena.Teño as uñas pequenas.Levo uniforme vou o colexio C.E.I.P.Milladoiro.Pásoo moi ben ! Teño moitas amigas e amigos.

Diego Castro.



Ola!Chamome Diego Castro. Teño 8 anos. Vivo en Seaia , Malpica. Os dous pobos son moi bonitos. Teño o pelo castaño oscuro.Son moreno. Son moi gracioso e fago rir moito a profe.Gustame moito xogar ao futbol. Espero que sigamos falando polo blog.

Andrea lama blanco

Ola! ,Chamome ANDREA LEMA BLANCO.
Teño 8 anos. Vivo en Malpica de vergantiños. Teño o pelo longo e castaño,negrizo.
Son alegre e alta. Gustame andar en bici.

Nerea, 3ºA...



Ola! Chámome Nerea Negreira Lema. Teño 8 anos. Vivo en Barizo. Son morena , alta e guapa. Gústame nadar, xogar ao futbol. Ata logo!

Eva



Ola! Chamome Eva Cancela. Teño 8 anos. Vivo en Malpica de Bergatiños. Teño o pelo castaño.Son guapa. Gustame xogar na nintendo ds.

Un saúdo, Eva 3ºA.

Santi



Ola! Chamome Santiago Garcia Calvelo.Teño oito anos.Vivo en Malpica.Teño o pelo castaño e son baixo.Son bo.Me gusta o futbol.Chao! Esperamos que leades o blog.