12/05/10

De campamento

Ola amigos! Son Uxia.


A fin de semana do 7 ao 9 Maio fomos a un campamento de ingles chamado Fieitas. Vouvos contar as nosas experiencias. Se queredes ver as fotos premede nos enlaces.
VENRES
-Ao chegarmos fixemos un xogo de presentación. Despois dixéronnos en que habitación durmiriamos. Que líos!
- Pola noite, alumeando cas linternas na escuridade, corremos para resolver as pistas da Caza do Tesouro o máis axiña posíbel. Emocionante!!!
- A durmir!!!!!!!!Para moitos de nós era a primeira experiencia pero sobrevivimos. Somos uns valientes.

SÁBADO
- Vivacs: Cos materiais atopados no monte, tivemos que construir as nosas propias vivendas. As fixemos con todo tipo de luxos, ata con elementos decorativos. Mirade, mirade!!
Como deu en chover, o resto das actividades tivémolas que facer no camping.
- Ás cegas: Iamos por parellas, un de nós cos ollos tapados e o compañeiros tiñannos que dirixir dando ordes en inglés. O obxectivo era atopar polo camping a tartaruga da mesma cor que tiña adxudicada cada parella. PERIGO DE TROMPAZOS!!!!E MOITOS RISOS!!!
- Obradoiro de serpentinas: Interesante obradoiro no que, con serpentinas, fixemos torres, buxainas, tartarugas, bonecos....
E pola noite:
- As cores: Moito rimos con este xogo. Habia que andar agudos para escoitar a cor en inglés e coller sitio. Se quedabamos sen silla, podiamos sentarnos enriba de alguén que vestise ca mesma cor.
- O tren: jejejejejje! As fotos o din todo.
Quedamos tan cansos que nin a gran tormenta nos quitou o sono!!!

DOMINGO

Outro de xogos diversos, entre eles: xogando con tipis, likes and dislikes( gústame e non me gusta), o espantallo...

As comidas: outro momento no que todos nos tivemos que adaptar. Nada de tonterías...porque había fame!!!

03/05/10

Dia do mel



O día do mel estivemos nun obradoiro.


Alí ensináronos cousas sobre ela: como é, como se fai! Ata probala!

A moi poucos lle gustou,pero a quen lle gustou ata repetiu.

Igualdade de xénero


A igualdade de xénero quere dicir que non se pode pegar,insultar e berrar. Ese día ensináronos moitas cousas porque nós non o facemos moi ben. Pasámolo moi ben!