28/09/13

Xa estamos en 4º

Un curso máis e xa estamos en 4º, con novos compañeiros/as. Damos a benvida a Joel, Adrián e Naroa. Bo comezo de curso a tod@s!!!


11/03/13

Maruja Mallo, muller traballadora

Os falcatrueiros de 3º traballamos e gravamos a biografía de Maruja Mallo, co gallo do Día da Muller Traballadora. Picando na imaxe veredes a súa vida e obra e picando abaixo escoitaredes a gravación. Traballo este, adicado a Zoe e Brais, que por estar enfermos non puideron gozalo con nós.

16/02/13

Noticia en La Voz de Galicia

A nosa visita ao Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte noticia en La Voz de Galicia.
Picando na foto poderedes ver a noticia.


foto de www.lavozdegalicia.es

Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte

O venres, @s falcatrueir@s de 3ºA visitamos o Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte situado en Corme, unha realidade grazas á Fundación Torre-Pujales.
Tod@s gozamos moito da visita guiada por Javier e Óscar que nos abriron as portas ás pinturas de Julio Pujales e outras obras (pinturas e esculturas) de diversos artistas contemporáneos.
Para rematar firmamos no libro de visitas, agradecendo o esforzo de todos os que fixeron posible que o arte se achegue á Costa da Morte, e visitamos o Faro Roncudo.
Paga a pena visitar o Museo, nós deixámosvos un enlace a súa web "Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte" e as fotos da nosa visita (pica na foto).



16/01/13

Leandro Lamas

Como sei que os nenos e nenas de 3º andan a traballar con cousiñas de arte e con Leandro Lamas, deixovos este video que ¡me encanta!