22/12/17

NADAL 2017




Desexamos a todas as familias do CEIP Milladoiro, e en especial ás de 3º e 4º de primaria, moi boas festas e un venturoso ano 2018.
Saúde e felicidade para todos e todas!!!
Vémonos á volta das vacacións!!!

19/12/17

Excursión do 1º trimestre

Vídeo resumo da saída escolar do alumnado de 3º e 4º de primaria ao Museo do Mar de Laxe e ao MELGA en Ponteceso.
Foi unha excursión moi divertida e ata nos gravaron para sair na TVG, no programa A Revista. !!!
(Pinchando en A Revista accedes ao programa)

13/12/17

Mundo de mares


Na área de Ciencias Sociais tocou aprender sobre os continentes e os océanos. Aproveitando que este curso temos como proxecto de centro O MAR quixemos ampliar os nosos coñecementos investigando sobre algún dos mares que temos no noso planeta.

Buscamos información en Atlas e na rede e finalmente colocamos no planisferio os óceanos e os mares que fomos descubrindo.

Noraboa rapazas e rapaces por tan bó traballo!!





05/12/17

Lendas mariñas en 4º

Traballo dos nenos e nenas de 4º. Canto aprenderon!