Ola BALEATOS!
Esta semana estivemos realizando diferentes actividades relacionadas co Samaín.
Estivemos traballando os nosos medos e formas para calmar esa angustia que producen. Premede na imaxe e observade os medos e situación de calma da rapazada!
Nas Horas de Ler destes últimos días fomos á biblioteca para celebrar a XIV Semana de Lecturas Terroríficas. Participamos realizando a adaptación do capítulo 25 do libro "As crebas da memoria", de Olga Rodríguez. A nosa adaptación quedaría así:
ALBERTO E AS LUCES DA COMPAÑA
Adaptación do capítulo 25 do libro “As crebas da memoria”,
de Olga Rodríguez
Recordades
a Alberto? É o bocadillo parlante que inventamos o curso pasado por estas datas
e que usou todas as súas dotes para salvar á súa familia. Pois hoxe vai estar
nesta historia.
Cando
o mundo era doutra maneira, a xente de Malpica xuntábase arredor da lareira ao
atardecer. Nestas reunións, os veciños contaban sucesos, desgrazas, inquedanzas
e historias. Alberto reunía á xente na súa casa sempre que podía porque lle
encantaba contar historias de medo.
Unha
noite, despois de rematar o seu conto, foi camiñando á casa dos seus avós para
durmir alí. Polo camiño ía cantando: “Pola noite, polo monte, vou á casa dos
meus avós”. Sentía moita alegría pero, de repente…
Viu
unha luz descoñecida! Estaba no medio do campo e era tan grande, intensa e fría
que comezou a tremer de medo. Antes de botar a correr, viu unha sombra estraña
ao seu carón. Era a Santa Compaña! Tiña tanto medo que tardou un minuto en
chegar á casa dos avós.
Cando
chegou, a súa avoa preguntoulle: “Por que chegas tan pronto?”.
- Veu
a Santa Compaña! Unha catástrofe vai pasar! – dixo Alberto, agarrado aos brazos
do seu avó.
Para
tranquilizalo, os avós déronlle un Colacao quente e moitos bicos. Ao día
seguinte, unha chamada espertou a Alberto. O seu bisavó morrera sen saber
porque.
Despois
do enterro, Alberto fixouse nun fouciño que estaba ao lado da tumba. Nel
reflexouse unha sombra: a da Santa Compaña. Cheo de furia pola morte do seu bisavó,
Alberto deuse a volta e lanzoulle queixo fundido por todo o corpo. Foi a única
vez que a Santa Compaña fuxiu e tivo medo.
Clica aquí para consultar a publicación do blogue da biblioteca do centro.
Tamén creamos a nosa caixa sensorial e acudimos ao resto de aulas do cole para meter as mans nas caixas sensoriais de Samaín para pringarnos e pasar un rato boísimo, compartindo experiencias con outros grupos do cole! Clica aquí para ver as imaxes!
Ata a próxima!