22/03/10

Seleccionados para o libro de poesía

Xa sabemos os nomes dos nenos e nenas cuxas poesías foron seleccionadas para os libros que se publicarán como resultado do Concurso de poesía 2009 para Jóvenes Escritores"Érase un día, una poesía". Neste enlace podedes ler os poemas.
Noraboa a Andrea ("Los Amiguitos"), Dani ("Mi perro"), Nuria ("El abrigo de Nuria") e Uxía (" Los deseos de la estrella") polo seu traballo. Non perdades as ganas de seguir escribindo.

11/03/10

Mary Anning

A exposición de 3º A sobre as mulleres científicas estivo adicada a paleontóloga Mary Anning...pero...non vos conto mais. Se queredes saber quen foi esta excelente muller podedes ver o video da exposición e despois consultar os libros da biblioteca.


video

Que froita nos gustou mais?

Os alumnos de 3º A xa temos os primeiros datos sobre a investigación"A fruta preferida". Tras rexistrarmos as eleccións de todos os alumnos e profes do cole os resultados foron os seguintes.
1º. Mango
2º. Piña
3º. Fresa
4º. Mazá
5º. Melón e mandarina
6º. Plátano
7º. Papaya
8º. Aguacate
9º. Kiwi

06/03/10

Semana da froita








Esta semana disfrutamos todo o cole degustando froitas e coñecendo algunhas novas. Ata os mais reacios a comela, non poideron resistir a tentación....Eran tan apetitosas!!!!!!!!!

Agora os de 3º queremos pescudar algo: cal é a froita que mais gustou no cole? Para iso imos facer unhas pesquisas. Faremos unha enquisa a todos os compañeiros, rexistraremos os datos nunha táboa e representaremos os resultados nun gráfico. Publicaremos os resultados neste mesmo blogue e mais no mural do cole. Asique, andade atentos....Vos cal pensades que vai ser a raíña da froita?

Mandarina, plátano, mazá, aguacate, mango, melón, piña, papaya, fresa ou kiwi?

04/03/10

Concurso cartas de amor

O concurso das cartas de amor foi divertido. Participaron todos os rapaces e houbo moitos nervios para saber os gañadores. Aquí podemos ver as fotos da actividade.
Entre os falcatrueiros houbo dúas premiadas no concurso das cartas de amor. Noraboa.
NEREA

NOELIA


Dereitos do consumidor

Para coñecer un pouco mais os dereitos que temos como consumidores pincha aquí e xoga.