Un curso máis e xa estamos en 4º, con novos compañeiros/as. Damos a benvida a Joel, Adrián e Naroa. Bo comezo de curso a tod@s!!!
Os/as nenos/as de 3º e 4º de Primaria navegamos nun mar de aprendizaxes nas que...CONTAMOS MOITO!
28/09/13
11/03/13
Maruja Mallo, muller traballadora
Os falcatrueiros de 3º traballamos e gravamos a biografía de Maruja Mallo, co gallo do Día da Muller Traballadora. Picando na imaxe veredes a súa vida e obra e picando abaixo escoitaredes a gravación.
Traballo este, adicado a Zoe e Brais, que por estar enfermos non puideron gozalo con nós.
16/02/13
Noticia en La Voz de Galicia
A nosa visita ao Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte noticia en La Voz de Galicia.
Picando na foto poderedes ver a noticia.
Picando na foto poderedes ver a noticia.
foto de www.lavozdegalicia.es |
Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte
O venres, @s falcatrueir@s de 3ºA visitamos o Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte situado en Corme, unha realidade grazas á Fundación Torre-Pujales.
Tod@s gozamos moito da visita guiada por Javier e Óscar que nos abriron as portas ás pinturas de Julio Pujales e outras obras (pinturas e esculturas) de diversos artistas contemporáneos.
Para rematar firmamos no libro de visitas, agradecendo o esforzo de todos os que fixeron posible que o arte se achegue á Costa da Morte, e visitamos o Faro Roncudo.
Paga a pena visitar o Museo, nós deixámosvos un enlace a súa web "Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte" e as fotos da nosa visita (pica na foto).

09/02/13
16/01/13
Leandro Lamas
Como sei que os nenos e nenas de 3º andan a traballar con cousiñas de arte e con Leandro Lamas, deixovos este video que ¡me encanta!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)