11/09/17

INICIO CURSO 2017/2018

Susana e Mario. profes de 3º e 4º de Primaria,  danvos a benvida a un novo curso escolar. Agardamos que teñades unha boa travesía e disfrutedes da viaxe.



06/02/17

Gloria Fuertes

Unha das mellores poetas españolas chea de sabiduría, bondade, sentido do humor e amor polos nenos e nenas.
 Escribiu moita poesía tanto para xente pequena coma para adultos.
Imos aprender algo máis sobre ela,
anímaste?

Premendo nos enlaces que aparecen máis abaixo descubrirás sitios web que teñen información sobre Gloria.

Busca a información que se che pide e cubre con ela a folliña que tes entre as mans.


  1. Fundación Gloria Fuertes
  2. Alameda
  3. Instituto Cervantes

Para rematar, queres escoitar a voz de Gloria? Pois PREME AQUÍ e a ver se acertas algunha das súas adiviñas!

26/01/17

A Cruz Vermella e o Nobel da Paz

Esta presentación é de Zoe Fervenza, alumna de 4º do CEIP Quintela de Moaña. Agora só nos falta saber en que ano recibiu a Cruz Vermella o Premio Nobel da Paz.

Investigando sobre a PAZ

Alfred Nobel (1833-1896) foi un químico, inventor e fabricante de armas que se fixo famoso por inventar a nitroglicerina e por crear os 5 Premios Nobel iniciais: Medicina, Química, Física, Literatura e Paz. Quería distinguir con eles a personalidades que que deixasen un legado á humanidade polas súas investigacións ou contribucións á sociedade. Desde 1901 véñense outorgando cada ano os Premios Nobel.